miércoles, 11 de noviembre de 2009

Habemus planos

Por fin se poden descargar os planos do trazado desde a web do Concello. Ao mellor se debeu á paciencia dun dos nosos amigos anónimos, que enviou varios e-mails ao concello suplicando que colgaran na web os planos do trazado de unha santísima vez. Non sabemos si foi por eso ou por outra cosa, pero os planos apareceron nun PDF de 20 megas que podedes descargar aquí http://www.concellodefoz.es/avisos.php?idAviso=30 . Nuns días poñeremos no blog fotos dalgúns dos lugares que machacaría a autovía en caso de construirse.

E aqui vos deixamos o correo que enviou este amigo anónimo ao concello, agradecendo o xesto e facendo un par de comentarios máis.

"Quería agradecer que finalmente puxeran os planos do trazado, esto facilitará o coñecemento do mesmo a toda a xente.

Agora só falta que alguén encontre un razoamento lóxico de por que se quere que a autovía se achegue a Foz, que si xa asusta no papel, cómo o fará na realidade. Por non pararse a pensar xa no tempo que esteña en obras: movemento de augas, movemento de terras, ruído, etc, etc.

E todo isto para pasar de ter o acceso á autovía a 5 minutos en lugar de a 15. Realmente merece a pena perder tanto para aforrar 10 minutos da nosa vida diaria...

Non hai por que plagar toda a terra de vías rápidas, o importante e que as que haxa esteñan ben vertebradas por boas carreteiras secundarias, que é o que tería que defender o Concello.

Dedicarse a fomentar a nosa paisaxe e a nosa historia para atraer turismo ao longo de todo o ano e non vivir sempre entorno aos meses de xullo e agosto é o que se debería facer dende o Concello e non apoiar o feito de que no lo pisen con asfalto sen levantar a voz."


AUTOVÍA POR SAN MARTIÑO NON

1 comentario:

Unknown dijo...

Pero esto é unha autovía ou unha ruta de sendeirismo? Por un pouco máis podían levala por A Hermida, que tamén ten capela e o recorrido inda melloraría as vistas.
Vendo ese trazado xa non hai duda, os animaliños que a queren acercar máis a Foz é porque pensan que eso lle da categoría á vila, desde logo non é polos minutos de adianto, inda non sei si desde o centro de Foz se tardará menos tempo en chegar á Espiñeira que en ir polo polígono e aganchar por semellante enlace.
Non fai tantos anos outros iluminados conseguiron que se construíran as torres, con perdón para os que hoxe viven alí, e mira que había espacio para construir de outra maneira, pero coas torres farían ver que o progreso tiña chegado a Foz, e vímolo, vémolas tódolos días desde tódolos ángulos.
Xa sei que as duas monstruosidades non son comparables, os edificios deben "cubicar" menos que cen metros da autovía, teñen difícil remedio, pero téñeno, e a autovía é para sempre. Sólo era outro exemplo das consecuencias que pode ter a ignorancia dos que deciden.
Coméntase que non hai cartos para esta obra polo momento, eso pode ser un respiro, pero eu non me fiaría moito, penso como "Románico" que deberíamos facer algo xa e non gastar as forzas en explicar o evidente. Temos que intentar que cando chegue a dotación económica non pase ningún trazado de autovía por San Martiño.